CEE de Vilagarcía de Arousa
Este ano empezamos a estudar as nubes co propósito de predecir ou anticipar o tempo. Esta peza en Stop Motion, creada polo alumnado da aula morada, é parte de todo o proceso de identificación das nubes, dentro dunha metodoloxía vivencial.
Observamos os cirros, que son nubes altas que non traen choiva, altoscúmulos sinalan o desenvolvemento de nubes de tormenta máis tarde no día. e nimboestratos sempre dan precipitacións, que adoitan ser continuas e non moi intensas.