CEIP da Espiñeira de Aldán
O alumnado de 5º estivo traballando ao longo do curso un proxecto de cine desde unha perspectiva de xénero, un dos produtos realizados a partir deste é esta curta que de maneira explícita, simulando un casting, cóntannos que é o test de Bechdel.
Tamén coñecido como TEST DE BECHDEL/WALLACE é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou calquera outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero.