CPI As Mirandas
Vídeo sobre a faceta feminista de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da língua e literatura galegas que, adiantada ao seu tempo, mobilizou as conciencias colectivas defendendo os dereitos das mulleres. O prólogo de La hija del mar, un dos seus libros máis intimista, supón todo un alegato de empoderamento feminino e reivindicativo. “Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben”, afirmaría no texto, publicado en 1859. A preocupación constante pola condición feminina impregnou toda a súa obra. Ela representa, en suma, o inicio da modernidade galega. Por todo iso, Rosalía é ETERNA.