IES da Pobra do Caramiñal
Interpretación libre, extrapolada á realidade actual, da Rima XXX de Bécquer: conflito amoroso que, como consecuencia da aparición doutro amor, acaba de forma violenta. A amada ferida non asume o fracaso e escolle o camiño das drogas, incluso a agresión; a outra é feliz coa súa nova parella, pero algo preocupada polo seu antigo amor decide chamala. Nese momento unha ambulancia atropélaa e perde a vida. No recordo do vivido, aparecerá o arrepentimento e a palabra non pronunciada no seu momento: perdón.