CPI Pontecesures
A peza nace como unha auditoría enerxética do noso centro realizada polo propio alumnado.
O interese social radica na integración dun alumnado ben diverso na realización da peza.
Desde o punto de vista medioambiental representa un exercicio necesario para contribuír ao coidado do planeta.
A nivel artístico, a estrutura circular dos créditos e o valor dos créditos de saída como unha mostra de ‘cinéma vérité’ constitúen os seus puntos fortes, para alén de xogar co múltiple sentido da palabra pegada (e a presenza do eterno retorno), tendo en conta o asunto que trata a peza e a localización da rodaxe.