IES Audiovisual de Vigo
Na esquina noroeste da Península Ibérica atópase Vigo, nesta cidade costeira afastada dos grandes núcleos europeos, pero cunha intensa vida cultural é onde vive o noso protagonista, Gael. Xunto con el, recorreremos os avatares que compoñen a súa vida: a súa música, os seus estudos, o seu traballo, mentres tentamos coñecer e comprender como é a vida dun artista e dun estudante de música no Vigo contemporáneo.