CEIP da Espiñeira de Aldán
Breve documental que amosa as sinerxias creadas entre a rapazada do noso colexio e veciños e veciñas da asociación Xoán XXIII nun proxecto compartido en torno á lectura. Leváronse a cabo diferentes actividades a partir dun club de lectura fácil coa adaptación de grandes clásicos da literatura universal, tales como debates, xogos, teatro de sombras… Unha das lecturas escollidas foi “A chamada do salvaxe”, obra a través da cal puxeron en valor valores o ecoloxismo e o respecto e bo trato ao mundo animal e a natureza no seu conxunto.