IES de Arzúa
Documental didáctico – divulgativo no que mediante entrevistas a profesorado e alumnado do IES reflexiónase sobre a presencia, coñecemento e difusión da escrita de mulleres no ensino, en particular, e na sociedade, en xeral.
Está o número de escritoras compensado co de escritores nos libros de texto?
Cantas mulleres foron homenaxeadas desde que se comezou a celebrar o Día das letras galegas en 1963?
Que porcentaxe de libros escritos por mulleres lemos ao longo da nosa vida?
Cantas mulleres escritoras galegas actuais coñecemos?
Que porcentaxe de académicas hai na RAG?
A través destas preguntas e das respostas de profesorado e alumnado, Elsa Fernández López, Andrea García Varela e Uxía Veiga López, alumnas de 4º ESO, achégannos unha reflexión, conscientes das luces que quedan por prender onde tamén hai espazo para o optimismo.