CEIP Sanjurjo de Carricarte
O alumnado recibe un encargo: pensar que tipo de tesouros desexarían atopar se tiveran un libro do Ciprianillo que os axudara a chegar a eles. A partir de aquí, xorde unha historia de amizade, xustiza e aventura con inesperadas visitas de personaxes da nosa tradición que teñen potentes mensaxes que achegar, unha camiño e aprendizaxe que percorrer non exento de dificultades.