CPI As Mirandas
O ano pasado concorreron tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra.
E para dar constancia de todo iso, realizamos o documental “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez alumna de 4º de ESO, en colaboración cos alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores, o EDLG e o departamento de lingua galega.