IES de Arzúa
A nosa lingua e literatura viviron épocas de rexurdimento e escuridade ao longo da súa historia e así sobreviven na actualidade. Para achegarnos ao seu pasado e presente falamos con unha profesora de galego e un profesor de historia do noso IES de Arzúa. Aproveitamos xente da cultura galega como a cantante MJ Pérez, o xornalista Fran Cañotas e o escritor Xosé Carlos Carracedo, tod@s exalumn@s do centro, para coñecer a súa percepción sobre a saúde de ambas. Tod@s el@s achégannos a súa visión sobre o que desde a sua visión representan esas cinzas e ese rexurdir no presente.