Instituto Español Cañada Blanch de LONDRES
Hai 25 anos que se pode estudar Galego en Londres no IE Cañada Blanch, instituto que tradicionalmente acolleu á comunidade emigrante galega na cidade. Con razón deste 25 aniversario o alumnado de galego da ESO preparou unha pequena curta de animación para presentar o noso instituto, no que se respira un aire multilingüe e no que tamén ten cabida a nosa lingua e cultura.