Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Lois é un adolescente que compaxina o último curso do bacharelato cos esixentes estudos de danza no conservatorio da súa cidade. Ao remate do curso deberá decidirse por continuar o grao superior nas artes escénicas como lle pide seu corazón, ou pola mediciña como lle aconsella parte da familia e do entorno académico. Dualidade entre razón e corazón, nunha fase vital do seu desenvolvemento persoal nunha sociedade onde o recoñecemento profesional escríbese nun papel a fin de mes.