CPI As Mirandas
Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o quixemos celebrar dun xeito especial, lembrándolle á sociedade que tod@s temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en todos os ámbitos da vida.
Velaí vai este recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun mellor futuro para todas. Grazas, avoas, nais, fillas, irmáns, amigas e mulleres todas por saber escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada nas nosas vidas.