IESP Aquis Celenis
Somos Cintia Baldomero Freiría e Inés Blanco González, alumnas de 4º de ESO do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. O noso proxecto é unha recompilación dalgunhas das esceas da obra dramática Historias mínimas, de Javier Tomeo. A partir da nosa escolma fixemos unha pequena curtametraxe, na que intentamos unir cada unha das breves e independentes historias de tal xeito que conformasen un todo dotado de sentido. Dita obra foi feita como tarefa para a materia de Lingua e Literatura Castelá, asignatura impartida polo profesor Santiago Sanjurjo Díaz. O que nos propuxemos con esta obra foi reflexionar dende diferentes puntos de vista sobre o fenómeno da guerra e as súas consecuencias, empregando como fío condutor a historia duns homes de orixe campesiña que son chamados a combater.