IES Antón Alonso Ríos
“É isto é o amor” é un proxecto que nace da necesidade de promover os valores da diversidade, a igualdade, a inclusión, a cultura propia, as distintas capacidades, o respecto e, por enriba de todo, o amor, a través da realización dunha produción audiovisual que inclúe a lingua de signos.
Neste videoclip o alumnado de 1º, 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de BAC do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), implicouse na realización desta obra musical. Dende a gravación da música e voz, até a interpretación, pasando pola realización do guión e as múltiples ideas que ían xurdindo, todo foi froito do traballo á par entre profesorado e alumnado.
O videoclip é unha adaptación escolar e revisada da canción que dá título ao proxecto: “E isto é o amor”, con música de Alonso Caxade, texto de Séchu Sende, e ideas cinematográficas de Leandro Lamas, tres grandes persoeiros da cultura galega.