Escuela TAI
Disclímax é a cartografía da resistencia do ecosistema autóctono frente á explotación exercida polo ser humano. O termo científico alude á ruptura do equilibrio entre os recursos naturais provocada, principalmente, pola acción humana. No caso de Galicia, a industria madereira, a produción de pasta de celulosa e as políticas fotrestais vixentes motivaron a plantación masiva de eucaliptos e pinto durante as últimas décadas. A expansión do monocultivo crece de forma exponencial suscitando unha serie de consecuencias devastadoras para a biodiversidade galega: sequías e incendios. Establécese así unha relación de causa e efecto, onde as especies pirófitas (eucaliptos e pinos) benefícianse do lume e da erosión do terreo.
“Val máis unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos Bancos.”
Castelao, Sempre en Galiza (1944)