CEIP Torre-Illa. Gañador Olloboi Docu
“Conversas en Lata” é un documental feito no CEIP Torre-Illa no curso 2016-17 e que revisa a historia das conserveiras na Illa de Arousa, contado de primeira man polas protagonintas que traballaron nalgunha das nove fábricas que había na Illa, na actualidade non queda ningunha. A industria conserveira foi un sector fundamental na Illa de Arousa e alí construíuse o que sería a primeira fábrica de conserveira moderna de Galicia, a fábrica de Goday. A situación laboral das conserveiras era moi dura e tiveron que loitar polos seus dereitos. A historia das conserveiras, a situación laboral, as loitas sindicais, porque pecharon ou o sentido do humor para sobrelevar a carga de traballo son algunhas das cuestións que se tratan no documental.