Universidade Carlos III de Madrid
A Casa de Galatán, unha edificación de principios do S. XVIII construída por terratenentes, é hoxe o epicentro dun escenario nostálxico e incomunicado. O seu nome denomina ao propio lugar e das casas que o conforman, a cheminea de Galatán é a única que aínda respira.
Por iso, moitos descoñecen a loita diaria que ten lugar tras as súas paredes. As últimas abellas da Casa de Galatán están sendo atacadas e nada as protexe da aniquilación. Tan só un home. Tan só Pepe.