IES Urbano Lugrís
Poema de Rosalía de Castro recitado en doce idiomas por alumnado do centro. O alumnado participante é de todos os niveis de ensinanzas que se imparten neste instituto (ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos). O video é unha das actividades nas que se traballaron nun obradoiro de interculturalidade que se levou a cabo no centro. As linguas nas que se recita son galego, castelán, inglés, francés, portugués, árabe. romanó, wolof, aymará, guaraní, rumano e na lingua de signos. O alumnado que recita en cada unha das linguas procede dos países ou culturas ás que pertence a mesma lingua. Un dos obxectivos desta actividade é poñer en valor a riqueza que aporta a multiculturalidade e aproveitala para crear vínculos entre culturas.