IES de Arzúa
A Odisea é, case, o mellor mito da historia. Invítanos a navegar polos mares gregos, a mergullar ate o fondo en cada unha das aventuras que narra, a que o noso corazón dé un brinco de emoción cando todo sae ben e se entristeza nas pasaxes tristes. Porén, o que lle falta ao relato para ser o mellor é algo esencial, moi importante…
Coñecemos nas súas páxinas a Circe, mais cando líamos o poema épico quedabamos con sede da súa historia, queríamos saber máis dunha muller que vivía soa nunha illa e que tiña poderes máxicos. Ca súa personaxe poderíamos encher mil follas en branco porque temos a certeza de que Circe quere dicir moitas cousas e nunca tivo oportunidade.
Soubemos tamén das sereas o que outros nos contaron, que foron boas e malas, fermosas ou horríbeis, queridas ou detestábeis, sabemos delas que namoraron mil veces de mariñeiros e nada máis. A súa historia remata aí, na beleza e no amor.
Calipso. Ela quixera contarnos mil lendas mariñas, quixera deprendernos conxuros e mil apócemas e non pode.
E Penélope… Penélope xa non é a que era, agora mira o mundo con soberbia e fala a través dos versos de Serrat, dos poemas de Caamaño. É muller valente, forte, tanto coma el.
Invitámoste, agora, a que desartelles con nós a parte femenina do mar, a bucear entre mitos e lendas salgadas e a que coñezas a cinco mulleres que, de verdade, pagan a pena.