IES A Xunqueira I
Durante unha aburrida clase de Historia, un grupo de alumnos e alumnas experimenta unha viaxe alucinante que os levará a coñecer simpáticos personaxes de diferentes etapas da historia de Galicia: un castrexo cociñeiro, un Martín Códax desafinado namorado de María Balteira, un atribulado Padre Sarmiento, para rematar salvándolle o prestixio literario ao propio Eduardo Pondal.