CRA de Rianxo
A Galiña azul foi o resultado da homenaxe a Carlos Casares que as nenas e nenos do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Rianxo, levaron a cabo para festexar o mes das letras galegas e ó mesmo tempo o mes dos libros, xa que a partires do mesmo video, se creou un libro feito para a nosa biblioteca e para todas as nosas escolas, distribuídas por todo o Concello de Rianxo. Dividimos o conto da Galiña Azul de Casares, e cada escola fíxose cargo dun anaco de historia. Así, os nen@s elaboraron títeres de pau para facer unha representación que máis adiante sería gravada. Posteriormente e cun mesmo decorado de fondo, fomos gravando a interpretación do anaco de conto de cada escola cos títeres, e tras isto, grabamos a narración do conto por separado. Participaron así os 102 nenos e nenas que compoñen o noso CRA pero tamén por suposto os 20 mestres e mestras e algunha exalumna que colaborou con moito agarimo.
Estamos felices de que o resultado fose tan bo e por eso o compartimos con vós, Olloboi!