IES Gregorio Fernández
Co gallo do 8 de marzo, Día da Muller, este ano quixemos facer algo que visibilizase as desigualdades e as convertise en igualdades, rompendo e dándolle así a volta aos estereotipos de xénero. Para iso, argallamos o photocall que vedes no fondo, invitamos ao alumnado, profesorado e persoal non docente a elexir un bocadillo cunha mensaxe tradicionalmente asociada ao sexo contrario e invitámoslos a posar de xeito lúdico para o vídeo. Deste xeito, implicouse a práctica totalidade dunha variadada comunidade educativa do IES “Gregorio Fernández” de Sarria, integrada por alumnado de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica.
Todo seña por “365 días de respeto e igualdade en tódolos ámbitos”.
A montaxe foi feita coa aplicación Fotos de Windows 10, e a música foi aportada por este programa.