Boirobello. Muchachada Matiné 2017
Na edición 2017, o Festival Olloboi celebrou a súa primeira Muchachada Matiné, na que participaron máis de 150 escolares de toda Galicia. Con eles creamos unha guerrilla audiovisual que percorreu Boiro retratando a memoria histórica da vila.
- Cuartel vello: edificio centenario situado en Cimadevila
- Boirovello: a memoria da Rúa Principal de Boiro
- Igrexa: templo románico con camposanto
- Camiño Vello: o primeiro vial que atravesou a vila
- Maperlán: un dos motores económicos do pobo ata o seu peche
- A movida: a festa dos fins de semana tamén ten historia
- La casa de los niños: un comercio recuperado pola Unión de Muchachas
- O comercio: A mercería de Josefina e outras tendas que resisten
- O sindicato: o recordo nos cimentos do actual Centro Social
- O mercado de abastos: centro neurálxico da vila ó longo do tempo
- A Boliña: aldea histórica xa case integrada na vila
O resultado desta experiencia foron pezas creadas cos móbiles e que forman parte deste mapa emocional de BoiroBello. Podedes velas xeorreferenciadas no mapa ou no mosaico de vídeos desta páxina.