MULLERES DO CABO DA CRUZ MUCHACHADA MATINÉ 2019

Escoitamos falar sempre dos mariñeiros e da súa vida penada, do éxito dos armadores e dos capitáns, e de empresarios de traxe branco. Mais escoitamos falar menos das mariscadoras que transforman a paisaxe das praias cando hai seca, das peixeiras que monetizan coma ninguén o esforzo nocturno da baixura, dos milleiros de mulleres que moi cerca de nós protagonizan masivamente as labores necesarias para que as fábricas de conserva funcionen. unha vez máis, as mulleres son o motor das nosas vidas.

Cando o encontro de embarcacións tradicionais de Cabo, unha v/bella contou que empezou indo á praia con once anos a apañarberberechos coas mnas. Que logo foi pescar co seu pai na gamela, máis tarde co marido, e que cando voltaban do mar eran elas as encargadas de ir vender o peixe. E que seguiu preto do peixe, do que limparían despois traballando na fábrica. E todo aquilo mentras mantiña seis crianzas. As mulleres sempre, motor das nosas vidas. Por iso as mulleres do mar, neste lugar salgado que habitamos, deben ter visibilidade.

Alberto de Boiro.

A Muchachada Matiné de 2019 adicouse ás mulleres do mar e para iso fomos ata Cabo de Cruz onde cinco veciñas nos acompañaron para descubrir con elas os seus traballos e forma de vida vinculada ó mar. Con elas, 130 rapaces e rapazas de diferentes centros educativos que tiñan como misión idear, gravar e editar unha curtametraxe nunha mañá, para o que contaban coa axuda de profesionais do audiovisual galego.

  1. Futuros furtivos, do CEIP Do Carballal coa axuda de Carme Hermo e os cómplices: Alfonso Zarauza, María Tasende, Sabela Blanco, Manuela Varela, Xaime Miranda, Sabela Hermida e Sara Hermo.
  2. Remo, do IES Macías O Namorado coa axuda de Laura Davila e o cómplice Suso López
  3. O comezo do remo feminino, do IES Macías O Namorado coa axuda de Laura Davila e o cómplice Andrés Goteira
  4. @blanca_pita_, do IES Pobra Do Caramiñal coa axuda de Blanca Otero e os cómplices: Álvaro Gago, Cris Iglesias e Sabela Hermida
  5. A nosa avoa por un día, do IES Poeta Díaz Castro coa axuda de Mercedes Silva e os cómplices: Xosé Barato e Anxos Fazáns
  6. Analepse, do IESP A Cachada coa axuda de Blanca Otero e os cómplices: Sonia Méndez e Sandra Lesta
  7. E por que non elas?, do IESP A Cachada coa axuda de Eva Triñanes e os cómplices: Luis Avilés e Carmen Méndez
  8. Prohibido coger cabeza, do IESP A Cachada coa axuda de Pepita Ferreirós e os cómplices: Miguel de Lira e Quique Otero

Podedes ver as pezas no mosaico que atoparedes nesta páxina ou pinchando no mapa.

A peza gañadora foi Prohibido Coger Cabeza, do IESP A Cachada

Os equipos

IES da Pobra do Caramiñal
IES da Pobra do Caramiñal
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IESP A Cachada
IESP A Cachada
CEIP do Carballal
CEIP do Carballal
IES a cachad
IES a cachad
macias
macias
WhatsApp Image 2019-05-10 at 16.10.27
WhatsApp Image 2019-05-10 at 16.10.27
previous arrow
next arrow

Nesta edición da Muchachada Matiné contamos coa participación do IESP A Cachada de Boiro, IES A Pobra do Caramiñal, IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, CEIP do Carballal de Marín e mais o IES Macías o Namorado de Padrón. Graciñas a todos eles!

Créditos

Os cineastas que traballaron coa rapazada foron María Tasende, Alfonso Zarauza, Xaime Miranda, Sabela Blanco, Luis Avilés, Carmen Méndez, Álvaro Gago, Cris Iglesias, Sabela Hermida, Sonia Mendez, Sandra Lesta, Miguel de Lira, Quique Otero, Anxos Fazáns, Xosé Barato, Andrés Goteira, Suso López e Sara Hermo.

No equipo técnico desta fermosa tolemia chamada Muchachada Matiné estiveron os 6 de Olloboi xunto a Cristina de la Torre, Alison Dieste, Xabier Rodríguez, Sara Hermo, Sergio Dieste e Dioni Espinal.

Asi foi a Muchachada Matiné