1. Obxecto e finalidade
Dar a coñecer mediante convocatoria pública a posibilidade de participación neste concurso, que ten como obxectivo:
- Recuperar o hábito e gusto polos procedementos de debuxo e pintura ó aire libre.
- Propiciar espazos de encontro e sinerxias no eido das artes plásticas e visuais.
- Potenciar a sensibilidade polo coidado e protección do noso patrimonio cultural e paisaxístico a través da mirada dos e das artistas.
2. Participantes
Poderán participar calquera artista, profesional ou afeccionada, que así o desexe e que teña máis de 16 anos. Para menores de idade, requerirase autorización do pai/nai ou titor/a legal.
3. Premio e Xurado
Establécense tres premios. Todos terán 200€ en material de pintura ou obra no espazo La doce, Boiro, ademais de:
- 1º premio: 800€ en metálico.
- 2º premio: 400€ en metálico.
- 3º premio: 200€ en metálico.
O Xurado calificador emitirá o fallo o mesmo día 22 de xuño de 2024, ás 20:00 horas, no Mesón Abadía de San Enrique. O fallo do xurado será inapelable, e poderá declarar deserto o concurso se, ó seu xuízo, as obras presentadas careceran do valor artístico requerido. Para recoller os premios será imprescindible a presencia do autor ou dun certificado no seu nome.
Todos os traballos realizados serán expostos no Pazo de Goiáns do 22 de xuño ó 15 de xullo de 2024 e outorgaráselles un diploma de participación.
Os premios están suxeitos a retención segundo a lexislación vixente.
4. Formato, técnica e tema
A modalidade será debuxo e/ou pintura empregando como soporte o facilitado pola organización ó comezo da xornada. Formato: Bloc acordeón de 18 páxinas tamaño A5 Hahnemühle de 300 de gramaxe de papel acuarela. As primeiras 30 persoas inscritas recibirán o caderno de balde, o resto deberá abonar o custo do mesmo ou traer un en branco, que se lle selará.
A técnica a empregar será libre. O tema e itinerario proporcionaranse no momento de entrega do material.
Recoméndase traer soporte ríxido e silla de debuxo.
5. Inscrición
A inscrición será gratuita e o prazo estará aberto ata o 16 de xuño de 2024. Os e as participantes deberán inscribirse empregando o formulario da web Olloboi/Acordeboiro.
6. Celebración do Concurso
A recepción dos participantes será no Centro Social de Cabo da Cruz o día 22 de xuño de 11:00 a 12:00 horas, onde se entregará o soporte en formato acordeón selado pola organización e onde figurará o número de inscrición. Os participantes disporán ate máximo as 19:00 horas para entregar os seus traballos. É requisito indispensable que a obra se realice ó longo da xornada o día 22 de xuño e trate sobre o tema indicado no comezo da xornada.
De 17:00 a 19:00 horas os e as participantes entregarán os cadernos no Mesón Abadía de San Enrique. Colocaranse por orde de chegada e segundo o criterio establecido pola organización. A mostra expositiva inaugurarase ese mesmo día ás 2o:00 horas co fallo do xurado.
Durante o día, poderemos ver debuxar a Leandro Lamas no percorrido e Mesón. No final da xornada, teremos unha cata comentada de viño do lugar (Xirpín), durante a que pintaremos e poderemos escoitar o acordeón do mestre Vadim Yukhnevich.
7. Devolución
As obras participantes na mostra expositiva poderanse retirar unha vez finalizada a mesma. A retirada farase no Centro Social de Boiro, no prazo de un mes. Será o propio autor/a quen recolla a obra ou persoa autorizada no seu nome.
8. Dereitos de imaxe
A organización resérvase a potestade de fotografar e/ou gravar ós participantes, así como a utilización das imaxes para promoción e difusión da actividade.
9. Aceptación dos participantes
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das presentes bases.
Para calquera dúbida, escribir a info@olloboi.com