Olloboi 2023

Este foi un gran ano de produción cinematográfica nos coles: 55 centros concursando, moitos deles novos, e 111 curtametraxes. Na imaxe contigua podedes ver o palmarés desta 13ª edición.

Versión Orixinal

Un novo proxecto que supuxo crear unha curta en cada unha das 6 escolas de primaria de Boiro. Coa colaboración do alumnado e profesorado de 6º e dos profesionais Marta Ríos e Pablo Chouza.

Muchachada

Da man da asociación A Gamela, este ano tivemos a 158 rapaces/as que gravaron pezas relacionadas co patrimonio marítimo de Cabo da Cruz.

O Equipo Cómplice 2023 estivo constituído por: Antonio D. Morris, actor; María Tasende, actriz; Lorena Vilas, axdte. Dirección; Sabela Hermida, actriz e produtora; Fede Pérez, actor; Marta Ríos, actriz; Lidia Veiga, actriz; Arantxa R. Ponte, realizadora; Juan Galiñanes, director; Suso López, produtor; Leti Blanco, colorista; Óscar Pardo, cámara; Ricardo de Barreiro, actor; Quique Otero, director e produtor; Pablo Fontenla, cámara; Miguel de Lira, actor;  Jorge Rivero, programador; Andrés Goteira, director e guionista; Luis Avilés, director; Sandra Montes, axdte. Dirección; Lucía C. Pan, directora de foto; Lucía Estévez, realizadora; Noemí Chantada, realizadora e cámara; Olaia Sánchez, axudante de Dirección

categorías edición 2023

Programación Olloboi 2023

Deixámosvos unha imaxe do cartel-programación dos actos de toda a semana. Todos os actos transcorreron no Pazo de Goiáns  agás a Muchachada, que foi en localizacións de Cabo, e a gala de entrega de premios, que foi na Abadía de San Enrique. Unha festa á que asistiron máis de 500 persoas e que estivo amenizada pola Escola de Música de Boiro, as cantareiras de Nunca é tarde e a banda rock Eskanderani.

categorías edición 2023

Vídeos Edición 2023

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2023!