10+1 Edición Olloboi

O sábado 12 de xuño celebrouse o Olloboi 10+1. A presión da Covid e o cambio de ubicación non ensombreceron unha edición brillante, onde foi máis importante que nunca o vínculo emocional que une a quen sustenta este festival: escolas, veciñanza, cineastas. 

A pesares das limitacións para traballar colaborativamente, a comunidade educativa seguiu creando. Houbo 142 pezas a concurso, moitas feitas á marxe das aulas: o impulso da creación rompendo as barreiras da realidade. Comezamos a recoller froito destes anos de traballo, alcanzando un máximo na participación universitaria e de ciclos superiores. Mergullade na web para ter unha visión do que se está a facer nas escolas galegas, e, abaixo nesta páxina, as pezas gañadoras da edición 2021.

O xurado 2021 estaba constituído polo profesor e profesional do audiovisual Manolo González, a profesora Olga Aguiar, os realizadores Andrés Goteira, Suso López, J.M. Tubío, Cris de la Torre, Xaime Miranda, Sabela Blanco e as asociacións Unión de Muchachas e Mestras polo Futuro.

 

 

 

Estas foron as pezas gañadoras:

  • Mellor non ficción: Cando rompe o mar (IES María Soliño)
  • Mellor guión: Vida furtiva (IES Terra de Trasancos)
  • Wabisabi (cine con alma adolescente): As derradeiras (IES Praia Barraña)
  • Videoarte: Background (IES Cacheiras) e Sombra (Lucía Ladero, IES Concepción Arenal)
  • Videoclip: Non me vai mal (CPI Dodro)
  • Compromiso: Sálvora (IES A Cachada)
  • Mellor Peque: Maruxa (CEIP O Carballal)
  • Ficción +18: Rakel (Aarón Vilariño, ESCAC)
  • Non ficción -18: As ladras (Ángela Taboada e Daniel Vázquez, Universidade Carlos III)
  • Zamburrioi: As novas (IES Xesús Taboada Chivite)

E como novidade desta edición, as seguintes mencións:

A falta dunha Muchachada Matiné na que alumnado, artistas e “informadoras” de Boiro fixeran a súa curta 4x4, estreamos Cadernas de Olloboi. Un documental sobre os 10 anos de historia deste festival que pronto poderemos disfrutar en aberto, e no que teñen voz todas as bocas hoxe enmascaradas. Tamén ofrecimos obradoiros en liña para alumnado de primaria ou secundaria de toda Galicia e para docentes. Na pestana da nosa web  ollobradoiros tedes información e un  Vídeo explicativo.

Miguel de Lira, Alfonso Zarauza, Melania Cruz, Sabela Hermida, Federico Pérez, Tito Asorey, Ledicia Sola, Triángulo de Amor Bizarro, J.M. Tubío e os nosos queridos Dhogs, confluíron c@s xoves cineastas para consolidar a canteira. 

Concello, Deputación, Política Lingüística e tecido empresarial de Boiro fixérono viable: Mascolor, Asteleiros Triñanes, Jealsa, JJ Chicolino, Gadis, Grupo Breogán, Cabinamóvil, Manarte, Abadía de San Enrique, Andavía Gaiteiros, Nunca é tarde, Escola de Música.

Lolo, Su, Petro, Ana, Mariano, Yaiza, Sara e Javi fixémolo real. Grazas a tod@s!

Vídeos Edición 2021

Patrocinadores e Colaboradores

Bases edición 2021

OlloCentros 2021!