Olloboi 2017

Promo Olloboi 2017

Olloboi 2017

O Encontro Olloboi 2017 tivo lugar o venres 10 de maio e foi un evento moi especial, onde difundimos o noso proxecto educativo Aprendo con Olloboi e puidemos presentar a tod@s @s cómplices que nos axudaron a elaboralo: Alfonso Zarauza, Lucía C. Pan, Andrés Mahía, Xosé Castro “Pato”, Araceli Gonda, Ángel Amaro, Andrés Goteiras, Suso López, Sandra Montes, Miguel de Lira, Sandra Sánchez, Jorge Coira, Carlos Ares, Beli Martínez, Luis Avilés e Giselle Llanio.  Con este proxecto quixemos aportar un gran de area ós recursos educativos que hai para facer cine nas aulas, facendo que os profesionais do noso cine explicasen, a través das súas propias pezas, os conceptos clave na creación audiovisual.

O equipo de organización estivo formado por Ana Moreiras, Lolo Garrido, Susana Diz, Petro Álvarez, Yaiza Vicente e como nova fichaxe Javi Paz. Os actos comezaron no Centro Social de Boiro ás 10:00h coa 1ª Muchachada Matiné. Acollemos alumnado de toda Galicia e asignámoslles, por grupos, unha parella de artistas do noso cine, quen lles axudaron a facer unha micropeza baseada na cultura da Rúa Principal de Boiro contando coa axuda da Unión de Muchachas.

Pola tarde trasladámonos ós Asteleiros Triñanes, onde realizamos un cine fórum para coñecer Peter Brandon, con Pedro Brandariz e o equipo Porco Bravú; Dhogs; con Andrés Goteira e Suso López.

A continuación, nun acto con música en directo da Escola de Música de Boiro, entregáronse os premios escollidos polo noso xurado:

O fin de festa veu amenizado con foliada a cargo de Andavía Gaiteiros e Nunca é tarde e e arrós mariñeiro coa Troupe de Gerardo.

 

Aquí podes ver tódolos vídeos da edición

Complices 2017

Patrocinadores

Colaboradores

Ollocentros 2017!