Olloboi 2016

Promo Olloboi 2016

Olloboi 2016

O festival Olloboi 2016 establece por primeira vez o Encontro en 2 días de duración. Celébrase o 27 e 28 de maio en diferentes localizacións (IESP A Cachada e Casa de Cultura) e ten os seguintes actos en programa:

  • Charla de Manolo González “Educación visual para nativos dixitais”
  • “Ollobradoiro audiovisual e de TV” impartido por Carlos Ares.
  • “Ollobradoiro audiovisual e web” impartido polo Equipo do Método Sueco (Javi Lopa e Jorge Boquete).
  • “Ollobradoiro audiovisual e cine” impartido por Alfonso Zarauza.
  • “Ollobradoiro de interpretación para a cámara” impartido por Sabela Hermida.
  • Xantar encontro e Cineforum “Crebinsky”
  • Entrega de premios presentada polos intérpretes Sabela Arán, Federico Pérez e X. A. Touriñán
  • Concerto de Pan de Capazo (Pousada das Ánimas)
  • Fin de festa: DJ Crebinsky (Pousada das Ánimas)

 

Na organización: Lolo Garrido, Susana Diz, Petro Álvarez, Ana Moreiras e unha nova fichaxe en produción: Yaiza Vicente. Desde o mundo do cine colaboran na difusión do proxecto, como cómplices: Manolo González, Alfonso Zarauza, Carlos Ares, Sabela Hermida, Quique Otero, Miguel de Lira, Javi Lopa e Jorge Boquete.

A participación foi enorme: 234 proxectos inscritos dos que resultaron recoñecidos:

Aquí podes ver tódolos vídeos da edición

Complices 2016

Patrocinadores

Colaboradores

OLLOCENTROS 2016!