Olloboi 2015
O festival Olloboi 2015 celebrouse na Casa de Cultura da Cachada o 30 de maio nun acto conducido polos actores Federico Pérez e Touriñán. O equipo de organización mantívose estable: Susana, Petro, Lolo, Ana, Óscar.
Con ocasión da celebración do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebrou en Cabo de Cruz, implicámonos na organización de máis actividades. Por primeira vez Olloboi foi un Encontro. No programa:
- Coloquio sobre o cine galego, na escola no Naútico de Cabo de Cruz.
- Cinefórum nos Asteleiros Triñanes, coas proxeccións de Unary e Encallados xunto ós seus directores Luis Avilés e Alfonso Zarauza.
- Gala e entrega de premios na Casa da Cultura da Cachada presentada por Federico Pérez e X.A. Touriñán.
Na difusión do festival colaboraron en diferentes vídeos @s Cómplices:
Miguel de Lira, Karra Elejade, Antonio Durán “Morris”, Mónica García, Marta Doviro, Tonhito de Poi, Marcos Pereiro, X. A. Touriñán, Alberto de Boiro, Monti Castiñeiras, Sabela Arán, Quique Otero, María Yáñez, Sabela Hermida, Xesús Ron, Camila Bossa, Alfonso Zarauza e Lino Braxe.
Dos 150 participantes, foron PREMIADOS:
- DJ para Ai meu ghato do CPI Dodro, Dodro.
- Fotoxénico para Seminario 5 do IES As Barxas, Moaña.
- Pelón para Persoas do IES Cacheiras, Teo.
- Cómico para Contedor munisipal CPI Dodro.
- Animado para A xustiza pola man do IES As Barxas, Moaña.
- Orixinal para Un caso aparte do EEI de Xustáns.
- Universidade para O Rostro Esquecido do FCSC Pontevedra - Universidade de Vigo.
- Online para Maruxa do CEIP de Coirón - Dena.
- Embarcacións (escolar) para Composclick do CPI San Vicente.
- Premio especial Zamburrioi para Señor Ramón e Señora Ramona do CEE de Vilagarcía de Arousa.