Olloboi 2019
A 9ª edición do festival Olloboi celebrouse o venres 10 de maio en Cabo de Cruz con toda a emoción e intensidade a que nos vén acostumando un público ecléctico, xeneroso, crítico e cariñoso. Na organización, o equipo habitual (Petro, Susana, Lolo, Ana, Yaiza e Javi) e unha nova incorporación: Sara Hermo. Moi orgullos@s porque é exparticipante do festival, no que levara un premio no 2014, e xa licenciada en Cine. Hai canteira!
A Muchachada Matiné 2019 contou con máis artistas e centros que en edicións anteriores e trouxo como resultado 8 pezas de cine escolar-guerrilla que mesturan arte, aprendizaxe e compromiso social (da man das activistas culturais Unión de Muchachas). Durante toda a mañá, 129 rapaces e rapazas de diferentes centros (A Pobra, Boiro, Padrón, Marín e Guitiriz) traballaron xunto a mulleres do mar de Cabo e 17 profesionais do cine para documentarse, guionizar, producir, gravar e montar as súas curtas. O traballo máis valorado polo xurado foi Prohibido coger cabeza, do alumnado de 3ºESO do IESP A Cachada. A música foi composta in situ por un dos alumnos, e a coordinación do equipo levárona a cabo o director Enrique Otero e o actor e guionista Miguel de Lira, que se reencontraban no mundo do cine dez anos despois da súa cinta Crebinsky.
Ás 18.00h xuntámonos un ano máis nos Asteleiros Triñanes, onde Quico Cadaval foi presentando as parellas creativas da mañá e dando paso ás curtas elaboradas. Visionamos as pezas da Muchachada e fallamos as gañadoras. Logo dunha interpretación de dous temas musicais a cargo da Escola de Música de Boiro comezou a entrega de premios, conducida como sempre polos ollobois Federico Pérez e Sabela Hermida. Os premios foron entregados polos cómplices deste ano: Sonia Méndez, Sandra Lesta, Miguel de Lira, Jorge Boquete, Óscar Cruz, María Tasende, Manuela Varela, Alfonso Zarauza, Carmen Méndez, Xaime Miranda, Sabela Blanco, Xosé Barato, Anxos Fazáns, Luis Avilés, Suso López, Andrés Goteira, Cris Iglesias e Álvaro Gago.
De entre todos os finalistas, foron premiados os seguintes:
- Peque para Quijano, o burro da escola do CPI de Cervantes.
- Arte e Música para Regueifando en Marín, do CEIP O Carballal de Marín.
- Montaxe para Comeza o xogo, do IESP A Cachada de Boiro.
- Documental para Espazos abertos, do IES de Cacheiras.
- Fotografía para Na corredoira, un proxecto de Cinema en curso do CEIP de Tenorio.
- Guión para Non vaias a clase, do CPI de Pontecesures.
- Interpretación para Deámoslles voz, do IES Isaac Díaz Pardo. O xurado quixo facer mención tamén a Poucos ven quen somos, do IESP Pintor Colmeiro.
- Plus 18 a Cartografía do esquecemento, de Ariadna Silva.
- Premio especial Zamburrioi ó traballo Mais eu non son eu, un precioso videoclip do IES de Brión.
O fin de festa foi amenizado polo grupo de gaitas Andavía e as cantareiras Nunca é tarde mentras comíamos un riquísimo Arrós mariñeiro feito pola Gerardo Troupe. Antes de marchar, purificamos o asteleiro danzando ó redor dunha queimada que nos agasallou o supercómplice Core, da Abadía de San Enrique. E aínda quedou oco para unha sesión de DJ Pementa Preta na Pousada das Ánimas!
O noso máis grande agradecemento a todos os colaboradores: Asteleiros Triñanes, Abadía de San Enrique, Unión de Muchachas, Andavía Gaiteiros, Nunca é tarde, Deleite, Rianxeira-Jealsa, JJ Chicolino, Mascolor, Publiser, Autobuses Outeiral, Garlou, IESP A Cachada, Geno Cabinamóvil, Gadis, Pousada das Ánimas, Escola de Música de Boiro e Academia Galega do Audiovisual.
Vídeos Edición 2019
Aquí podes ver tódolos vídeos da edición
Patrocinadores e Colaboradores
Dpt. da Coruña
Patrocinador
Concello de Boiro
Patrocinador
Unión de Muchachas
Colaborador
Asteleiros Triñanes
Colaborador
Jealsa
Colaborador
JJ Chicolino
Colaborador
Deleite
Colaborador
Garlou
Colaborador
Publiser
Colaborador
IESP A Cachada
Colaborador
Mascolor
Colaborador
Autos R. Outeiral
Colaborador
Cabina Móvil
Colaborador
Gadis
Colaborador
Pousada das ánimas
Colaborador
Escola De Música de Boiro
Colaborador
Andavía
Colaborador
Academia Galega
Colaborador
Abadía de S.Enrique
Colaborador