Olloboi 2018

Olloboi 2018

Resumo Olloboi 2018

O Olloboi 2018 celebrouse o venres 11 de maio en Boiro con moita emoción e un público fantástico. Na organización: Lolo, Ana, Petro, Susana, Javi e Yaiza.
A Muchachada Matiné 2018 consolidouse como a actividade de cine escolar-guerrilla máis potente do panorama galego, e nela converxe a nosa vocación docente, creativa e social. Durante toda a mañá, 185 rapaces e rapazas de diferentes centros guionizaron, gravaron e montaron pezas coa axuda de cineastas e cidadás de Boiro, baseándose nun tema que propuxo a asociación local Unión de Muchachas. Este ano tratábase de dar unha perspectiva feminina de Boiro, e para iso contouse coa axuda de mariscadoras, peixeiras, artistas, políticas, costureiras... Os traballos que gañaron foron:
  • "O paseo", centrado na figura de Bríxida Muñiz, concellala socialista represaliada no comezo da Guerra Civil. Foi feita por alumnas de 2ºESO do IESP A Cachada coa complicidade da cineasta Sandra Sánchez.
  • "...e punto", un intento de recrear a importancia do sector téxtil en Boiro, concretamente das fábricas de chaquetas de punto. Creada por alumnado de FP do IES Fernando Blanco, de Cee, coa complicidade de Miguel de Lira e o realizador boirense Toño Chouza.

 

Pola tarde, xa nos Asteleiros Triñanes, visionamos as pezas da Muchachada e fallamos as gañadoras. A continuación, María Yáñez e Sonia Méndez espuxeron o percorrido que teñen diversas series web dadas a coñecer e mesmo coproducidas no Carballo Interplay, e tamén nos falaron doutras actividades satélite do prestixioso festival.
A entrega de premios, conducida por Federico Pérez e Sabela Hermida, contou cos cómplices da Muchachada, que tamén eran xurado, para entregar os premios nas diferentes categorías: Miguel de Lira, Toño Chouza, Óscar Cruz, Sandra Sánchez, Andrés Mahía, Alfonso Zarauza, Carmen Méndez, Eloy Domínguez, Suso López, Andrés Goteira e as propias Sonia e María.
Os premios estiveron moi repartidos.

 

O fin de festa foi amenizado polo grupo de gaitas Andavía e as cantareiras Nunca é tarde mentras comíamos un Arrós mariñeiro feito pola Gerardo Troupe. E si... quedou oco para un concerto de Sabela King and the Heartbreakers na Pousada das Ánimas!

Vídeos Edición 2018

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2018!