Recursos

Poñemos á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego e portugués:

  • Proxecto Aprendo con Olloboi , un material didáctico para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Nel atoparás un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar. Válido para alumnado de ESO/BAC/Ciclos.
  • A presentación Linguaxe audiovisual e edición con CapCut, dirixida a alumnado de ESO/BAC/Ciclos, que serve de guía á hora de facer unha curtametraxe. Tamén versión en PORTUGUÉS!
  • Videomontaxe onde o actor e guionista Miguel de Lira nos conta os principios fundamentais para facer unha curta.
  • Videtitoriais e presentación Montaxe dunha curta para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).

Montaxe con Móbil

Montaxe con Ordenador

Tés poucos recursos? Así resolve o actor Miguel de Lira

Cadernas de Olloboi: o cine nas aulas é necesario