Somos un colectivo creativo sen ánimo de lucro que organiza en Boiro un encontro de ilustración (A cor de Boiro) e un de cine e educación (Festival de cine escolar Olloboi). Ofrecemos tamén formación audiovisual (Aprendo con Olloboi e Ollobradoiros).
Compromiso e divertimento van a partes iguais nas nosas propostas. Traballamos en colaboración coa veciñanza, artistas cómplices, empresas patrocinadoras, o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña.
Levamos desde o 2009 promovendo a creación de cine nas aulas e temos un bo arquivo de curtametraxes que testemuñan a nosa historia recente. Podes fedellar no buscador desta web, aquí abaixo.
No 2020 a Academia Galega do Audiovisual outorgounos o Premio especial Xosé Sellier polo noso compromiso e traballo en prol da canteira do cine galego.
 
 
No 2021 realizamos un documental contando a historia do festival. Chámase Cadernas de Olloboi e gustaríanos compartilo con vós. Encaixa perfecto nunha clase e, se vos gusta, podedes axudarnos a difundilo. Nada nos presta máis que largar a nasa do cine, a creatividade e o compromiso para ver de facer escolas mellores, comunidades mellores e países mellores 🙂
Cadernas de Olloboi
Busca aquí a túa curta
Queres axuda para facer a túa curta? No apartado de Aprendo con Olloboi poderás atopar unha guía didáctica conducida pol@s nos@s Cómplices Artistas: director@s, intérpretes, guionistas, montador@s, técnicos de son...
Olloboi na rede
Arranca unha nova edición do festival Olloboi, que fixa a gala para o 26 de maio
A etnografía en pantalla grande en Santiago: dos traballos invisibles á memoria
A Mostras de Cinema Etnográfico, en Santiago, pon o foco no traballo e na Europa do Leste
O Festival Pequefilmes trae máis de 80 curtas infantís de 20 países á Cidade da Cultura
Abren una nueva convocatoria para presentar trabajos de cine escolar para el festival Olloboi
Chega unha nova edición do Festival de Cine Escolar Olloboi o vindeiro 10 de xuño
Comienza la muestra de cine etnográfico en el Teatro Principal de Santiago
El festival Olloboi de Boiro selecciona a los ganadores entre 160 trabajos
Olloboi celebra esta fin de semana a edición 10+1 do Festival de cine escolar no parque da Cachada
Recibiu 142 curtas de 60 colexios e de universidades de Madrid e Barcelona
O festival Olloboi regresa con talleres en liña e unha categoría para veteranos
A Academia Galega do Audiovisual recoñece ó festival Olloboi co Premio Especial José Sellier
El festival Olloboi recibe un premio de la Academia Galega do Audiovisual
A Academia recoñece ao festival de cinema escolar Olloboi co Premio Especial José Sellier
O festival Olloboi leva o premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual
O Festival Audiovisual Escolar Olloboi de Boiro, galardoado co Premio Especial José Sellier
Cómplices + é a nova proposta do Olloboi para tentar fusionar a experiencia de artistas, a aprendizaxe de estudantes de ensino superior e a imaxinación da rapazada nun mesmo espazo e tempo.
Cómplices
Patrocinadores
Colaboradores
Que é Olloboi?
Olloboi é un proxecto sen ánimo de lucro desenvolvido desde 2010 pola asociación cultural do mesmo nome. O Festival Audiovisual Escolar Olloboi, dirixido a alumnado e profesorado dos centros escolares desde primaria a ensino superior, transcorre nunha plataforma web os cinco primeiros meses do ano e culmina en maio con diversos actos presenciais: proxeccións, cine de guerriña, unha entrega de premios e un encontro de xoves creadores e creadoras, profesorado e profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos membros da organización (capitanía).
Somos un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade, por iso organizamos cada ano este certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos de moit@s futuros profesionais. Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos en cada edición, de toda Galicia, e 10 000 visitas na nosa web e redes sociais en cada unha das tres edicións anteriores) Olloboi é xa a maior plataforma da canteira do audiovisual galego.